Política de Privacidade
Responsable do tratamento
- Denominación: Rizoma Coworking
- Domicilio: Avenida de Galicia 52, Entresollado 8, 27400 Monforte de Lemos (Lugo)
- Correo electrónico: ola@rizoma.gal
Que datos recolle este sitio?
A parte pública deste sitio non recolle datos persoais de forma activa. Non hai formularios de contacto nin sistemas de análise de tráfico (analytics). A única excepción é a área de membros, que se explica máis abaixo.
Almacenamento no navegador
A parte pública do sitio non garda nada no teu navegador: nin cookies nin almacenamento local. O idioma elíxese co enderezo da páxina (/, /es/ ou /en/). Só se entras na área de membros se garda unha cookie de sesión (ver Cookies).
Correo electrónico
Se decides escribirnos a través do enderezo de contacto, a información que envíes só se utilizará para responder á túa consulta. Non se almacena nin se comparte con terceiros.
Área de membros
Os membros de Rizoma teñen unha conta para reservar o despacho, ler a información práctica do espazo, publicar no mural e ver as súas contribucións. Só se crea unha conta para quen é membro: non hai rexistro aberto.
Que datos gardamos
- Nome, correo electrónico, contrasinal (cifrado) e idioma preferido
- Modalidade de contribución (mensual ou por días), importe e data de alta
- Reservas do despacho
- Publicacións, comentarios e votos no mural
- As contribucións: cada mes ou día, o importe e se está pagado, cando e como (transferencia ou efectivo). Non gardamos datos bancarios.
- Para quen paga por días, os días que vén ao espazo
Para que e quen o ve
Úsanse só para o funcionamento do espazo. O teu nome aparece xunto ás túas publicacións, comentarios e votos no mural, que ven os demais membros. Nas reservas, os demais membros só ven que un oco está ocupado, non quen o reservou. As túas contribucións só as ves ti e quen administra o espazo.
Onde se gardan
Os datos gárdanse en Supabase, Inc., que actúa como encargado do tratamento, nun servidor en Londres (Reino Unido). A transferencia está amparada pola decisión de adecuación da Comisión Europea para o Reino Unido (art. 45 do RGPD) e polo acordo de tratamento de datos de Supabase, que inclúe as cláusulas contractuais tipo da Comisión.
Canto tempo
Mentres es membro. Se deixas de selo, a conta desactívase; se queres que borremos os teus datos, escríbenos e facémolo, agás o que a lei obrigue a conservar.
Servizos de terceiros
Este sitio non carga recursos de terceiros: as tipografías, as imaxes e os scripts sérvense desde o propio sitio.
Enlaces externos (só ao facer clic)
Algúns enlaces levan a outros servizos: Google Maps, Instagram, WhatsApp e as webs dos eventos. Os teus datos só se comparten con eses servizos se fas clic no enlace, e desde ese momento aplícase a súa política de privacidade.
Cookies
A parte pública deste sitio non establece cookies. Non se utilizan cookies propias nin de terceiros para análise, publicidade nin seguimento.
Na área de membros, ao iniciar sesión gárdase unha cookie técnica que mantén a sesión aberta. É imprescindible para que funcione e bórrase ao saír.
Os teus dereitos
De acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD), tes dereito a:
- Acceder, rectificar ou suprimir os teus datos
- Limitar ou opoñerte ao tratamento
- Portabilidade dos datos
- Presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es)
Estes dereitos aplícanse aos datos da área de membros e a calquera comunicación que nos envíes por correo electrónico.
Para exercer os teus dereitos, contacta con nós en: ola@rizoma.gal
Aloxamento
Este sitio está aloxado en Netlify, Inc. (San Francisco, EUA). Netlify pode procesar datos técnicos das solicitudes (IP, cabeceiras) conforme á súa política de privacidade. A transferencia internacional de datos está amparada polas cláusulas contractuais tipo da Comisión Europea.
Última actualización: outubro de 2026.