Coworking en Monforte de Lemos
Rizoma.
Un espazo de traballo compartido no centro de Monforte. De momento, mesas, boa conexión e café. O resto depende de quen veña.
O primeiro día é de balde
Como funciona
O nome vén dos rizomas: raíces que medran cara a todos os lados, sen un centro.
-
Aportas segundo o que vés.
10 € por día solto, 50 € ao mes se vés a miúdo. O primeiro día é de balde.
-
Iso mantén o espazo.
Aluguer, internet, luz, limpeza e café: o básico para que o espazo siga aberto. Polo de agora, aí vai cada contribución.
-
O que sobre, decidímolo entre todos.
Cando as contribucións cubran os gastos, o que quede decídeno os membros: melloras no espazo, material, actividades.
-
Calquera pode organizar algo.
Unha charla, un obradoiro, un intercambio. Xa pasa: mira o taboleiro.
No taboleiro
O que xa se fai en Rizoma, organizado por quen vén.
-
Linguas Tecidas
Encontro informal para practicar inglés, galego, castelán e outras linguas. Sen rexistro, ven directamente.
linguastecidas.es -
Meditación con Senda Silvestre
Para actualizacións, únete ao grupo de WhatsApp. Para apuntarte, escríbelle a Lu.
chat.whatsapp.com -
Tes unha idea?
Unha charla, un obradoiro, un intercambio. Se queres facelo aquí, escríbenos.
ola@rizoma.gal
Quen anda por aquí?
Agora mesmo, xente que traballa en turismo, en software para bancos, en xestión de proxectos, en soporte técnico e en xestión cultural. Se buscas un sitio tranquilo para traballar en Monforte, probablemente encaixas.
O espazo
Silencio cando o precisas, xente ao redor cando non.
- Fibra de 600 Mbps
- Café e té
- Escritorios de altura regulable
- Monitor externo
- Taquillas e acceso seguro
- Despacho con porta para chamadas e reunións curtas
- Zona de descanso
Está pensado para sesións de traballo: ven cando precisas concentrarte, sae cando remataches.
Preguntas frecuentes
- Como empezo?
- Escríbenos e quedamos un día para que veñas probar. O primeiro día é de balde. Se che convence, pasas a ser membro e pagas 10 € por cada día que veñas ou 50 € ao mes.
- Teño que avisar antes de vir?
- Si, sobre todo as primeiras veces. Escríbenos cun día ou dous de antelación para que haxa alguén para recibirte e ensinarche o espazo. Cando xa es membro, podes vir cando queiras.
- En que se gastan as contribucións?
- No funcionamento do espazo: aluguer, internet, luz, limpeza e café. Cando sobre algo, decidímolo entre os membros.
- Hai un despacho independente?
- Si, un despacho con porta para chamadas e reunións. Os membros resérvano desde a área de membros, en bloques de media hora ou dunha hora, ata unha hora ao día.
- Podo organizar algo aquí?
- Si. Charlas, obradoiros, intercambios: se che apetece facelo, escríbenos e buscamos un día.
- Hai aparcamento preto?
- Si. Na Rúa Malloadas adoita haber prazas, a rúa tamén está libre con frecuencia, e o aparcamento dos Escolapios queda a poucos minutos andando.
- Teño que ser de Monforte?
- Non. Hai xente de aquí e xente que traballa en remoto desde Monforte por unha tempada. Se pensas quedar un tempo, mellor: canto máis vés, máis sentido ten.
Contacto
Pasa a coñecernos.
Se algo disto che soa ben, escríbenos e falamos.
ola @ rizoma.galEnderezo
Avenida de Galicia 52, #8
Monforte de Lemos
Visitas e consultas
Luns – Venres
9:00 – 13:00
Estas horas son para visitas e dúbidas. Rizoma está aberto para os membros todo o día.